Carril pídelles o voto, porta por porta, aos veciños e veciñas de San Vicenzo de Elviña

Carril pídelles o voto, porta por porta, aos veciños e veciñas de San Vicenzo de Elviña

A Coruña, 12 de outubro de 2012.- O BNG da Coruña realizou esta mañá dous repartos simultáneos de material informativo de campaña na rúa Barcelona e en San Vicenzo de Elviña. O portavoz do BNG no Concello da Coruña, Xosé Manuel Carril, percorreu o núcleo rural, onde repartiu porta por porta, caixa de correo por caixa de correo e persoa por persoa.

O portavoz nacionalista, acompañado do candidato Suso Bermello e de militancia, denunciou que o barrio “está esquecido para as institucións públicas, mais non por o BNG, que o visita tanto en campaña como cando non estamos en campaña”. “Unha vez máis os veciños e veciñas trasladáronnos as actuacións necesarias no barrio e transmitíronnos unha idea común: o PP non pode seguir gobernando e que é necesario un cambio de rumbo nas políticas do país”, sinalou.

“Transmitíronnos unha idea común: o PP non pode seguir gobernando e que é necesario un cambio de rumbo”

Carril, que lles explicou aos habitantes de San Vicenzo de Elviña que só o BNG representa esa alternativa as medidas pensadas para o desenvolvemento de Galiza, agradeceulles aos veciños e veciñas a calorosa acollida aos e as militantes nacionalistas que percorreron co propio Carril este núcleo rural, e comprometeuse a regresar despois do 21 de outubro para presentar unha batería de iniciativas relativas a San Vicenzo de Elviña a instancias da veciñanza.

 

Neste contexto, o portavoz nacionalista no Concello da Coruña pediu o voto para o BNG e expuxo que votar a Feijóo é darlle un cheque en branco a Rajoy para afondar nos recortes e para levar Galiza ao abismo.

Carril pídelles o voto, porta por porta, aos veciños e veciñas de San Vicenzo de Elviña