O BNG, a única organización que leva ao Congreso a barra libre dos horarios comerciais na Coruña
A Coruña, 10 de xullo de 2014- O Bloque Nacionalista Galego foi a única formación política que se refiriu de xeito explícito no Congreso dos Deputados ao prexuízo que lle suporá á cidade da Coruña a barra libre dos horarios comerciais. De feito, só a deputada nacionalista Olaia Fernández Davila pronunciou o nome da cidade que durante as intervencións no marco do debate da convalidación do Real Decreto Lei 8/2014 de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
A parlamentar do BNG amosou o profundo rexeitamento do Bloque a este real decreto salvaxe, de enorme impacto negativo na Coruña, que tanto prexudica o pequeno e mediano comercio e que tanto beneficia as franquicias e as grandes superficies. A nacionalista expresou a repulsa do Bloque a este real decreto lei para evitar, entre outras cuestións, a barra libre dos horarios comerciais na Coruña, xa que levaría á desaparición ao pequeno e mediano comercio da cidade.