O BNG transmite o seu apoio aos traballadores de Atento despedidos
A Coruña, 28 de novembro de 2013.- O BNG da Coruña transmítelles o seu apoio e solidariedade aos traballadores de Atento, empresa que vén de despedir 6 empregados. As nacionalistas amosan o seu total rexeitamento á destrución de postos de traballo na nosa cidade e lamentan profundamente as consecuencias das devastadoras reformas laborais e dos recortes adoptados polo Partido Popular.
O BNG espera unha actuación rápida das Administracións públicas para evitar a desaparición de máis postos de traballo na cidade e para defender os dereitos dos traballadores. Precisamente, os traballadores da empresa temen unha nova vaga de despedimentos en Atento.