O BNG súmase á marcha a pé da CIG polo emprego
A Coruña, 15 de outubro de 2013.- O BNG da Coruña sumouse esta tarde á marcha a pé polo emprego que desenvolve a CIG, dentro da campaña enfocada a pór no centro do debate social e institucional o grave problema do desemprego e as medidas que se deberían adoptar para enfrontalo.
A concelleira María Xosé Bravo e o responsábel comarcal, Paulo Carballada, amais doutros membros do Consello Comarcal do BNG, participan nesta mobilización que partiu ás 16h desde o local sindical (avenida Alfonso Molina) e que se dirixe a estas horas cara ao Concello de Arteixo. Ás 19.30h, na praza do Balneario, terá lugar un acto público.
O BNG da Coruña apoia a campaña emprendida pola CIG, que presentou un paquete con 100 propostas para a creación do emprego e o estímulo da economía, iniciativas que será trasladadas ao Parlamento de Galiza en forma de Iniciativa Lexislativa Popular. Esta campaña, amais da marcha a pé, asembleas abertas na rúa e repartos de material informativo, inclúe tamén unha manifestación nacional en Santiago de Compostela este sábado, 19 de outubro.