O BNG súmase ao Correlingua

O BNG súmase ao Correlingua

A Coruña, 13 de maio de 2013.- As concelleiras do BNG María Xosé Bravo e Avia Veira sumáronse esta mañá á meta do Correlingua nos Xardíns de Méndez Núñez, que, na súa 13º edición, tivo lugar baixo o lema “Galego, a chave do mundo”.

As carreiras pola lingua partiron a principios de mes de Ourense e estána percorrer doce comarcas galegas (Ferrolterra, A Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo, Baixo Miño e O Condado, O Morrazo, do Deza Ribeira Sacra e A Mariña) coa participación de centros de ensino de toda Galiza.

O Correlingua vense celebrando de xeito regular desde o 2000 aínda que é unha vella iniciativa promovida na súa orixe por entidades culturais. Na actualidade está organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística, os Concellos de Lugo, Pontevedra, Ourense e Vigo e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

 

O BNG súmase ao Correlingua