O BNG solicita medidas de seguridade nun edificio a construír na Estrada de Circunvalación
A Coruña, 5 de outubro de 2014.- O Grupo Municipal do BNG insta o Goberno municipal a que adopte medidas ante a inexistencia de valado dun edificio abandonado a medio construír na estrada de circunvalación, nº 4, xa que o seu estado facilita o acceso a calquera persoa, incluídas crianzas, cos conseguintes perigos.
As nacionalistas chaman a atención que xa a primeiros de abril o Concello era coñecedor desta situación, ante unha iniciativa realizada polo BNG a primeiros de marzo. Así o Goberno Local contesta por escrito á pregunta das nacionalistas sinalando o seguinte: apréciase que a obra presenta os seus accesos abertos, sendo accesíbel desde a vía pública de forma sinxela e franca. Só se mantén un tramo lateral de valo de madeira. E a continuación á vista da realidade, e a resultas das recomendacións do técnico inspector, actuarase no sentido de que sexan adoptadas medidas de seguridade.
Sete meses despois, denuncia o BNG, aínda non se concretou ningunha medida de seguridade urxente que aminore os riscos e perigos existentes.