O BNG reclama a revisión da concesión da ORA e do guindastre
A Coruña, 12 de decembro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG insiste na necesidade de que o Goberno do Sr. Negreira traballe na revisión da concesión da ORA e do guindastre, dadas as continuas perdas que supón para o Concello e dados os beneficios que supón para a concesionaria. Esta concesión, salienta o BNG, supón unha auténtica ruína para o pobo e un substancioso negocio para a empresa concesionaria.
Vistos os datos da liquidación dos últimos anos, as nacionalistas consideran unha irresponsabilidade non revisar a concesión que, salientan, foi outorgada no 2015 coa previsión de obter excedentes.
O Grupo Municipal do BNG insiste, ademais, na necesidade de que o Goberno do Partido Popular revise as concesións administrativas que obedecen aos intereses económicos das empresas e non do pobo, como son este caso da concesión da ORA e do guindastre, a concesión da Compañía de Tranvías ou a concesión do miradoiro e do ascensor de San Pedro.