O BNG reclama a peonalización da rúa Monte das Moas, avalada por máis de 400 sinaturas

O BNG reclama a peonalización da rúa Monte das Moas, avalada por máis de 400 sinaturas

María Xosé Bravo e Avia Veira nunha visita aos CastrosA Coruña, 13 de marzo de 2013.- O Grupo Municipal do BNG vén de presentar un rogo en que reclama, por segunda vez, a peonalización da rúa Monte das Moas, en concreto, o tramo comprendido entre a Avenida dos Caídos e o CEIP Anxo da Garda. As nacionalistas, a instancias de veciñanza da zona, presentaran no mes de xaneiro unha iniciativa na que expuñan que , o Grupo Municipal do BNG presentou por rexistro unha pregunta para a resposta escrita en que lle expuña ao Goberno do Sr. Negreira que “usuarios e usuarias do centro de saúde, pais e nais de alumnado dos centros educativos da zona, comerciantes, hostaleiros e veciñanza en xeral dos Castros están a solicitar a peonalización da rúa Monte das Moas, no tramo que abrangue desde a Avda. dos Caídos ao CEIP Anxo da Garda”.

Nesta iniciativa, a concelleira do BNG María Xosé Bravo preguntáballe ao Goberno municipal se coñecía esta demanda e se ía desenvolver algunha medida para darlle cumprimento á proposta da veciñanza. A Asociación de Veciños e Veciñas de Oza-A Gaiteira-Os Castros entregara, por rexistro, máis de 400 sinaturas coas que avalaban a petición. Porén, o Goberno municipal sinalou na resposta á pregunta do BNG que non tiña constancia desta demanda.

A concelleira nacionalista reclámalle ao Goberno municipal que rectifique e que teña en consideración as máis de 400 sinaturas recollidas pola entidade veciñal. Bravo sinala que non se trata de ningunha obra faraónica e salienta que a parte da rúa que piden peonalizar non conta con garaxes en edificios, polo que sería doada a súa peonalización.

O BNG pregúntalle ao Goberno municipal se prevé repoñer o bus urbano que pasaba pola Rolda de Outeiro e pola rúa da Mercé

Pola outra banda, tamén en relación ao barrio dos Castros, o Grupo Municipal do BNG vén de presentar unha iniciativa na que empraza o Goberno do Sr. Negreira que repoña a liña de bus urbano que pasaba pola Rolda de Outeiro e pola rúa da Mercé. A concelleira do BNG, que se puxo en contacto coa veciñanza destas rúas, denuncia a supresión deste tramo de bus urbano desen consultar os veciños e veciñas desta zona con habitantes envellecidos e con graves problemas de mobilidade.

Ademais, Bravo tamén reclama aumentar as frecuencias e as liñas. Así, recolle a demanda da Asociación de Veciños e Veciñas de Oza-A Gaiteira-Os Castros para que se poña a disposición da cidadanía conexións con puntos estratéxicos da cidade, como os polígonos industriais.

 

O BNG reclama a peonalización da rúa Monte das Moas, avalada por máis de 400 sinaturas