O BNG reclama actuacións no viaduto da avenida de Fisterra
O BNG reclama actuacións que contrarresten a situación de abandono e deterioro no que se encontra a zona do viaduto da avenida de Fisterra
O Grupo Municipal do BNG reclama actuacións que contrarresten a situación de abandono e deterioro no que se encontra a zona do viaduto que cruza a avenida de Fisterra á altura de Rolda de Nelle.
Este ámbito que conecta o barrio da Agra e da Sagrada Familia co centro da cidade é un lugar de paso moi transitado, cunha certa vida comercial de sempre aínda que nos últimos anos decreceu por mor da crise. Alén disto, salienta o BNG, é un espazo que soporta moitísimo tráfico e unha alta contaminación acústica, con desperfectos no pavimento, cunha iluminación deficiente debaixo da ponte e cunha sensación estética de deterioro en moitas das súas partes.
Por estas razóns mostradas pola veciñanza do lugar, o BNG preguntou o pasado mes de marzo ao Goberno Local se tiña pensado desenvolver algunha iniciativa nesta zona para contrarrestar a situación e humanizar a contorna, así como que tipo de iniciativas e cando pensaba levalas a cabo. Preguntas estas que obviou de concretar na súa resposta o Goberno Municipal.