O BNG preguntaralle ao alcalde en pleno "que ten pensado facer c@s imputad@s" da "Pokemon"
A Coruña, 11 de xaneiro de 2014.- O Bloque Nacionalista Galego presentou o pasado 7 de xaneiro, unha pregunta oral que levará ao pleno do vindeiro martes na que se lle solicita ao alcalde que resposte sobre que ten pensado facer coas persoas imputadas do Concello da Coruña na trama da operación Pokemon, coñecida por Pikachu.
O BNG agarda que sexa o propio sr. Negreira, xa que a pregunta vai dirixida a el, o que resposte oralmente á pregunta feita polas nacionalistas e non outro membro do seu goberno.