O BNG pedira cambiarlle o nome de Francisco Vázquez ao paseo marítimo
A Coruña, 10 de abril de 2013.- O Grupo Municipal do BNG lamenta que o Partido Popular non cambiara de criterio e lle manteña, así, o nome de Francisco Vázquez ao paseo marítimo. No Pleno de xaneiro do 2012, que tivo lugar o día 16, as nacionalistas presentaran unhas emendas a unha moción presentada polo Partido Popular sobre as inauguracións municipais.
As emendas do Grupo Municipal do BNG, que foron desestimadas polo PP, reclamaban a progresiva eliminación das referencias persoais nas placas de lugares e edificios públicos da Coruña e esixían, de xeito explícito, substituír a denominación Paseo Marítimo Francisco Vázquez por Paseo Marítimo, de acordo estabelecido no Regulamento para a concesión de honores e distincións do Concello.