O BNG organiza este xoves un debate sobre o anteproxecto de reforma da lei do aborto

O BNG organiza este xoves un debate sobre o anteproxecto de reforma da lei do aborto

A Coruña, 5 de xuño de 2013.- O BNG da comarca da Coruña organiza mañá, xoves, un debate ao redor do aborto, un acto aberto a todo o público que terá lugar na AC Alexandre Bóveda (Olmos, 16) e que contará coas intervencións de Carme Adán, parlamentaria e portavoz de política de Igualdade do BNG, Roci Fraga, activista feminista, e María Seixo, da Plataforma SOS Sanidade. As nacionalistas tratarán de debullar as claves do anteproxecto de Lei de Modificación do Aborto, unha normativa que prepara o Partido Popular ao ditado das entidades ultra relixiosas e que suporá ao regreso aos abortos clandestinos.

Este acto forma parte da campaña de rúa e institucional iniciada polo BNG da Coruña a semana pasada contra a reforma da lei do aborto. Precisamente, ademais deste debate aberto a todo o pobo, mañá tamén se debaterá no Pleno da Corporación Municipal da Coruña unha moción do BNG encamiñada a garantir o aborto libre e de balde nos hospitais galegos e a restituír a atención ás mulleres no COF do Ventorrillo.

O BNG organiza este xoves un debate sobre o anteproxecto de reforma da lei do aborto