O BNG maniféstase contra as políticas antisociais e regresivas do PP

O BNG maniféstase contra as políticas antisociais e regresivas do PP

A Coruña, 15 de outubro de 2012.- O BNG da Coruña chama a cidadanía a se manifestar coa Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos esta tarde, a partir das 19h, con saída desde a Praza de Pontevedra. Os nacionalistas, entre os que estarán candidatos pola Coruña,o portavoz do Grupo Municipal do BNG da Coruña, Xosé Manuel Carril, cargos institucionais e orgánicos e militantes, amosan, así, o seu rexeitamento ás políticas antisociais e regresivas do PP, tanto no eido dos servizos públicos como na destrución de emprego público. Lembra Carril que o maior ERE dos tres anos e medio de goberno de Feijóo, foi, precisamente na área público, con milleiros de traballadores e traballadoras despedidas.

Carril expresa a postura contraria do BNG ao conxunto de medidas adoptadas polo PP que constitúen un ataque sen precedentes aos dereitos individuais e colectivos das persoas empregadas nas distintas administracións públicas, con constantes ataques aos representantes dos e das traballadoras e coa eliminación de dereitos sindicais.

O portavoz do BNG no Concello da Coruña pon de manifesto que o sector público conta cun elevado índice de temporalidade, persoal interino e temporal e advertiu de que a meirande parte do persoal público conta cunhas retribucións que non superan os mil euros. Sinala, ademais, que a contención ou a redución salarial do persoal persoal público incide na economía da Coruña está a provocar a contracción do consumo na cidade. Ademais, expón que as políticas restritivas cos empregados públicos son sempre a antesala da contención salarial na negociación colectiva no sector privado.

Carril defende uns uns servizos públicos de calidade, un persoal prestixiado e con boas condicións de traballo, e uns representantes sindicais que poidan exercer as súas funcións libremente e sen eliminar dereitos e recursos.

 

O BNG maniféstase contra as políticas antisociais e regresivas do PP