O BNG insta o Goberno local a arranxar o camiño de entrada á Pasaxe
A Coruña, 7 decembro de 2014- O Grupo Municipal do BNG exíxelle ao Goberno do Sr. Negreira que adecente o camiño de entrada e saída ao poboado precario da Ponte Pasaxe que cada día teñen que atravesar os cativos e cativas para ir á escola (a lama que atravesan é tal que lles chega á altura dos xeonllos).
As nacionalistas puideron saber que, a petición de entidades que traballan pola erradicación dos asentamentos chabolistas, o Goberno do Sr. Negreira negouse a amañar este camiño e xustificou a súa negativa coa titularidade dos terreos, propiedade de Costas. O BNG critica ao respecto que o Goberno do Sr. Negreira non teña ningún pudor en gastar unha millonada de recursos municipais nas obras do Parrote e da Mariña, en terreos que non son municipais, pois son propiedade da Autoridade Portuaria, e que se negue a arranxar o camiño que conduce ao asentamento precario da Pasaxe.