O BNG insta o alcalde a preguntarlle a Defensa que quere facer cos terreos de Sta Bárbara
A Coruña, 5 de xullo de 2013.- En relación ao anuncio do alcalde sobre Santa Bárbara, o Grupo Municipal do BNG sinala que só faltaría que o Sr. Negreira non se movera despois de consentir que o Partido Popular pechara a fábrica de armas, malia a súa viabilidade no sector civil.
Dado que o alcalde está moi animado, as nacionalistas ínstano a que lle pida ao Ministerio de Defensa que aclare que quere facer cos terreos de cara a que o Concello da Coruña solicite a reversión dos mesmos. E, ademais, ínstano a que lle solicite á Xunta de Galiza a súa implicación para pór en marcha un un plan industrial concreto para os terreos e para a nosa comarca, en pleno proceso de desindustrialización.