O BNG insiste en denunciar o "escándalo" das obras da Mariña
A Coruña, 1 de xullo de 2014.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) volve insistir, ante o anuncio de Autoridade Porturia da adxudicación das obras de urbanización en superficie da Mariña, que a obra é un escándalo que ademais de incumprir a legalidade urbanística, supón un inxustificábel despilfarro de recursos públicos municipais en terreos que na súa maior parte son propiedade da Autoridade Portuaria.
O BNG lembra que esta obra, financiada totalmente polo Concello, o Goberno Municipal asume gastos disparatados, superfluos e algún deles sen máis finalidade que unha máis que discutíbel estética urbana, no canto de dirixir os cartos desta obra en dar resposta ás necesidades dos barrios e ás necesidades motivadas pola crise que está a vivir boa parte da cidadanía da Coruña.