O BNG e Galiza Nova conmemoran en Monte Alto a figura de Pedro Galán Calvete

O BNG e Galiza Nova conmemoran en Monte Alto a figura de Pedro Galán Calvete

cartaz 2014A Coruña, 25 de setembro de 2014- O grupo de barrio do BNG de Monte Alto e mais Galiza Nova homenaxean este sábado ás 12h no cemiterio de Santo Amaro a Pedro Galán Calvete, secretario de Organización das Mocidades Galeguistas da Coruña, nado na cidade en 1917 e asasinado a mans dos franquistas na Corveira en 1936.

A ofrenda floral deste ano contará coa intervención de Xosé Manuel Carril, portavoz do Grupo Municipal do BNG e veciño de Monte Alto. Tamén haberá actuacións musicais a cargo de Moncho do Orzán.

O grupo de barrio do BNG de Monte Alto convida a todo o pobo a se sumar á homenaxe a aquel mozo que sempre saudaba estreitando a man esquerda porque, segundo el mesmo dicía, era a que sae do corazón e chega ao corazón da outra persoa e que resaltou pola súa madurez e compromiso co país nuns tempos tan complexos.

As nacionalistas sinalan que acreditar no país, na súa lingua e cultura, na xente do pobo e nas súas potencialidades ou reclamar Soberanía na procura de xustiza social foron elementos chave na curta vida de Pedro Galán Calvete que após oitenta anos seguen a ser referenciais para o Bloque Nacionalista Galego.

 

O BNG e Galiza Nova conmemoran en Monte Alto a figura de Pedro Galán Calvete