O BNG faise eco da demanda da veciñanza e solicítalle ao Goberno municipal un espazo verde
A Coruña, 27 de maio de 2013.- O Grupo Municipal do BNG vén de presentar unha batería de preguntas para a resposta escrita sobre a rúa San Diego, iniciativa en que denuncia o estado deteriorado e os problemas de salubridade desta vía. O estado é tal, sinalan as nacionalistas, que ficaron no chan valados de obra sen que ninguén os recollera.
Facéndose eco das demandas da veciñanza, nomeadamente da A VV Oza A Gaiteira Os Castros, o Grupo Municipal do BNG pide que se adecúe o espazo cheo de maleza e lixo como zona verde a parcela que está ao carón da rúa San Diego, un espazo polo que transcorría un camiño veciñal que foi pechado por un edificio.
Neste contexto, as nacionalistas pregúntanlle ao Goberno municipal se prevé algunha actuación que acabe co deterioramento e insalubridade da rúa San Diego e se vai satisfacer a demanda veciñal de acondicionar, como espazo verde, a citada parcela pública.