O BNG denuncia a precarización dos contratos laborais, de curta duración e vinculados aos servizos
A Coruña, 16 de xaneiro de 2015- Unha vez coñecidos os datos do Servizo Público de Emprego Estatal, o Grupo Municipal do BNG volve denunciar a precarización dos novos contratos de traballo. Estes datos revelan que de 8.982 novos contratos rexistrados no mes de decembro, un total de 8.325 foron temporais, o que representa un 92,68%. Tan só 408 contratos foron indefinidos, o 4,54%, e 249 contratos foron convertíbeis a indefinidos, un 2,77%. No que respecta aos sectores, a meirande parte dos contratos están vinculados ao sector servizos, un total de 8.232, un 91,64%.
Os datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social poñen de manifesto a grande inestabilidade, fraxilidade e deterioramento laboral que sofre o pobo. Amais de seren a meirande parte dos contratos temporais, pertencen na súa maioría ao sector servizos, un sector fortemente vinculado ao traballo estacional dada a época de Nadal.
As nacionalistas sinalan que este tipo de contratos de curta duración son consecuencia das últimas reformas laborais aprobadas polo PSOE e polo PP e que provocan que unha maioría de persoas accedan e saian do mercado laboral cunhas condicións salariais e laborais gravemente precarizadas. Esta situación deriva en que a veciñanza consuma menos e se empobreza máis. Neste contexto, e unha vez máis, o Grupo Municipal do BNG exíxelle ao Goberno do Sr. Negreira un cambio de de prioridades no investimento dos recursos municipais, lonxe dos dispendios en festas