O BNG denuncia que nos case 4 anos de mandato, Negreira non proxectou ningunha escola municipal

O BNG denuncia que nos case 4 anos de mandato, Negreira non proxectou ningunha escola municipal

A Coruña, 23 xaneiro de 2015- Vistas as cifras que lanzou esta mañá en relación ao aumento de prazas das escolas infantís municipais, o Grupo Municipal do BNG empraza o Sr. Negreira a levar a arranxar a súa calculadora. E é que lonxe de incrementarse en 42%, as prazas só aumentaron o 12% nos case catro anos de mandato que leva.

As nacionalistas lembran que desde que goberna o PP non se proxectou ningunha escola infantil municipal (a escola da Agra xa estaba proxectada no Urbana C co anterior goberno municipal). O Sr. Negreira tan só transferiu á rede pública municipal a escola Carme Cervigón, que segue a ser propiedade da Fundación Padre Rubinos. Así, o Concello da Coruña pasou de ofertar 650 prazas a ofertar 732 (contando as 82 prazas da escola infantil municipal da Agra), un 12% máis, e non un 42% máis.

Nº prazas

Caracola 82

Arela 115

Carricanta 115

Os Rosales 123

Luís Seoane 87

Monte Alto 41

Os cativos 87

Agra 82

TOTAL 732

O Grupo Municipal do BNG espera que o Goberno do Sr. Negreira non acabe facendo pasar por municipal a escola infantil que está a construír a Fundación Amancio Ortega para a Xunta de Galiza. A este respecto, as nacionalistas esperan que este Concello non se faga cargo dunha escola infantil do Goberno galego.

Por último, o Grupo Municipal do BNG pídelle ao Goberno local se xa lle preguntou ao Goberno central cando se vai construír a escola infantil prevista no Plan Educa 3, da que nada sabemos e que está pendente de construír.

O BNG denuncia que nos case 4 anos de mandato, Negreira non proxectou ningunha escola municipal