O BNG apoia e solidarízase c@s traballador@s do Ideal Gallego e DXT Campeón, en folga
A Coruña, 23 xaneiro de 2015- O Bloque Nacionalista Galego da Coruña expresa o seu total apoio e solidariedade cos traballadores e traballadoras de Editorial La Capital grupo ao que pertencen El Ideal Gallego e DXT Campeón- que secundan a xornada de folga convocada o día de hoxe en defensa dos seus empregos, dunhas condicións laborais dignas e en demanda do cobro dos seus salarios.
Precisamente, como mostra do apoio, representantes do BNG da Coruña, que subscriben as reivindicacións dos traballadores e traballadoras, participaron na concentración que tivo lugar este mediodía no Obelisco.