O BNG denuncia o lamentábel estado dos baixos do paseo marítimo
A Coruña, 9 de marzo de 2015- O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que a menos de cen metros do lugar en que o Partido Popular celebrou a súa convención local e do lugar en que o Sr. Negreira se fotografou cos militantes do PP, as infraestruturas, fronte ao que di o alcalde, non só de primeira. Só hai que fixarse no lamentábel estado dos baixos do paseo marítimo que se atopan ao pé da baixada á praia do Matadoiro ou Berbiriana.
O Grupo Municipal do BNG presentou na mañá de hoxe un rogo co fin de que o Goberno do Sr. Negreira adopte os mecanismos oportunos para adecentar os citados baixos, cuxo estado é deplorábel, tal e como amosan as fotografías que se xuntan, e para que, posteriormente, se garanta un bo estado de conservación.