O BNG critica a hipocrisía do PP co colectivo LGBT
A Coruña, 26 de novembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG critica, unha vez máis, a hipocrisía do Goberno do Sr. Negreira co colectivo LGBT, logo de que o que o PP presentara, e se negara a retirar, un recurso de inconstitucionalidade contra a lei que permite o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, un recurso que o Constitucional tombou.
Os nacionalistas, que apoian e ven positiva a organización de actividades de reivindicación das persoas LGBT e da súa visibilización, denuncian os prexuízos de carácter ideolóxico do PP, que considera que a lei que permite o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, "desnaturaliza a institución básica do matrimonio". O Grupo Municipal do BNG aposta por políticas decididas para garantir a liberdade e erradicar a discriminación por causa de xénero e da orientación e identidade sexuais.