O BNG convida á Coruña o activista luso João Camargo, impulsor do movemento "Que se lixe a troika"

O BNG convida á Coruña o activista luso João Camargo, impulsor do movemento "Que se lixe a troika"

A Coruña, 25 de xuño de 2013.- O BNG da Coruña convida á Coruña o activista portugués João Camargo, organizador da manifestación de 15 de setembro de 2012 “Que se lixe a Troika, Queremos as Nossas Vidas” e da manifestación do 2 de marzo de 2013 “Que se lixe a Troika, o Povo é Quem Mais Ordena”, as dúas maiores mobilizacións que tiveron lugar en Portugal nas últimas décadas.

A xornada con João Camargo, que tamén convocan Adega, a A.C. Alexandre Bóveda, Asemblea de Desempregad@s, AVV de Monte Alto, Comités, CIG, Galiza Nova, Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e Velaluz, terá lugar este venres, 28 de xuño, no CEIP Curros Enríquez (Campo de Martes). Ás 19h, o activista luso manterá un encontro cos movementos sociais da cidade e ás 20h, presentará o libro “Que se lixe a Troika”.

O BNG da Coruña anima a cidadanía a asistir a primeira presentación en Galiza desta obra, que reflicte o sentir do movemento luso de protesta contra a Troika e contra as políticas de austeridade.

Biografía

Enxeñeiro do Ambiente e enxeñeiro Zootécnico, Camargo (1983) estudou Economía na Universidade de Londres. Activista político desde 2008, traballou como xornalista antes de emigrar para África. No 2009 e no 2010 viviu en Mozambique, onde traballou como profesor da Universidade de Lúrio, na Faculdade de Engenharia e Ciências Biológicas e na Faculdade de Ciências Agrárias e mesmo coordinou a Dirección Científica da Universidade. Regresou a Portugal no período mais convulso da historia recente da Europa. Dirixente de Precários Inflexíveis, é o autor do libro Que se lixe a Troika.

 

 

O BNG convida á Coruña o activista luso João Camargo, impulsor do movemento "Que se lixe a troika"