O BNG conmemora o Día contra a violencia machista cun acto de solidariedade con Dani e David
A Coruña, 24 novembro de 2014- O Bloque Nacionalista Galego da comarca da Coruña conmemorará o 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia Machista, cun acto de solidariedade con Dani e David, os compañeiros xulgados por realizaren un mural no que se reivindicaba o dereito das mulleres a elixiren cando ser nais. Esta actividade, de carácter creativa e que non deixará indiferentes, terá lugar mañá, ás 20.30h, nos soportais do Teatro Rosalía de Castro, na Coruña.
Este acto reivindicativo organizado pola Comisión de Acción Feminista do BNG da comarca da Coruña enmárcase dentro da campaña nacional, que se celebra baixo o lema Abre os cadeados. Quen te amarra non te quere.