O BNG chama a participar na concentración contra a corrupción e en defensa da soberanía
A Coruña, 21 de febreiro de 2013.- O Bloque Nacionalista Galego da comarca da Coruña mobilízase mañá, venres, 22 de febreiro, contra un sistema cruel e corrupto e polo dereito ao traballo, á igualdade, aos servizos públicos e á plena soberanía nacional galega. Farao a partir das 20h diante da subdelegación do goberno nunha convocatoria conxunta coa CIG, COG, NÓS-UP, BRIGA, COMITÉS, GALIZA NOVA, ISCA, LIGA ESTUDANTIL GALEGA e ADEGA.
O BNG da comarca da Coruña chama a cidadanía a loitar na rúa contra a corrupción e contra a desestruturación social e cultural, contra un sistema político e económico intrínseca e estruturalmente corrupto que leva décadas empobrecendo a Galiza e exterminando os seus medios de vida. Os nacionalistas chaman a cidadanía a loitar contra un sistema que de xeito planificado e sistemático está roubando recursos ás clases traballadoras, obreiros, autónomos e pequenos empresarios, para que os grandes capitais teñan máis ganancias e engorden máis.