O BNG-Asembleas Abertas publica na web o programa electoral das máis de 1.200 actuacións
A Coruña, 27 de abril de 2015.- Desde hoxe quen o desexe pode consultar o programa electoral do BNG-Asembleas Abertas na web www.bng.gal/cidadedacorunha, no apartado Programas electorais. Este programa, presentado publicamente o pasado venres, contén máis de 1.200 actuacións froito das propostas recollidas da veciñanza.
Tal e como destacou o candidato do BNG-Asembleas Abertas, Xosé Manuel Carril, á hora de dalo a coñecer ante os medios de comunicación, o programa electoral responde ás necesidades da veciñanza, que non ten medo, senón fame. De aí que Carril empregara a metáfora do pan, como a xente non ten medo, senón que ten fame, fixemos pan co programa electoral. Na mesma liña, o cabeza de lista do BNG-Asembleas Abertas defende que o documento está elaborado con fermentos naturais e paciencia, sen aditivos e sen présas.
As máis de 1.200 actuacións organízanse en seis grandes bloques que compoñen a campaña de #TodasAsCoruñas: A Coruña pública; A Coruña, galega; A Coruña mariñeira; A Coruña social; A Coruña ética e A Coruña de barrios.