O BNG amósalle a súa solidariedade aos asesores sindicais pechados nas oficinas de Nostián

O BNG amósalle a súa solidariedade aos asesores sindicais pechados nas oficinas de Nostián

A Coruña, 30 de setembro de 2013.- O BNG da Coruña transmítelle a súa solidariedade e total apoio aos asesores sindicais que forman parte da Comisión Negociadora para o ERTE de Albada, pechados desde o mediodía (permanecen a estas horas pechados) nas oficinas de Nostián.

O BNG da Coruña rexeita o expediente regulador que a concesionaria municipal pretende aplicar en Nostián e reivindica unha solución xusta ao conflito. As nacionalistas critican o inmobilismo de Albada nas negociacións e as súas pretensións de botar á rúa traballadores e de recortar en dereitos e salarios.

 

O BNG amósalle a súa solidariedade aos asesores sindicais pechados nas oficinas de Nostián