O BNG alerta do peche definitivo de 25 camas no Abente y Lago
A Coruña, 24 de novembro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG denuncia que o Sergas vai pechar definitivamente a unidade completa de Medicina Interna de 25 camas do Abente y Lago. Ademais, as nacionalistas advirten da derivación de pacientes aos hospitais privados. Precisamente, o BNG denunciou hai apenas un mes que o Partido Popular mantiña pechadas 25 camas no Abente y Lago á vez que permitía que se amoreasen enfermos nas Urxencias do CHUAC.
Á espera de que se vote no Parlamento de Galiza a proposición non de lei para abrir as 25 camas de Abente y Lago e á espera de coñecer a explicación da conselleira de Sanidade, o BNG puido saber que o Sergas non vai volver abrir a planta.
O peche definitivo da planta atenta contra o conxunta da cidadanía da Coruña, á que o PP priva dun servizo fundamental, e supón un novo golpe á sanidade pública de calidade. O BNG considera inadmisíbel que o Sergas peche definitivamente esta área de Mecina Interna cando as listas de espera non deixan de subir.
Neste contexto, o Grupo Municipal do BNG empraza o alcalde a esixirlle á Xunta de Galiza a reapertura dunha unidade fundamental para a área sanitaria da Coruña.