O BNG advirte da "tentativa fracasada do "Coruña Wapa" no pasado ano
A Coruña, 24 de outubro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG espera que a edición de Coruña Wapa que comezou no día de onte non sexa unha tentativa fracasada, como xa ocorrera o pasado ano. As modelos e bloggers traídas na primeira edición polo Goberno do Sr. Negreira de distintos puntos do Estado español non espertaron apenas o interese da cidadanía, como demostran as imaxes que aínda poden verse a día de hoxe na páxina de facebook do evento, https://www.facebook.com/media/set/?set=a.180680842069349.46396.174387902698643&type=3 ou https://www.facebook.com/media/set/?set=a.183074018496698.47175.174387902698643&type=3.
Pola outra banda, o Grupo Municipal do BNG advirte de irregularidades no procedemento para a contratación Servicio de organización, producción e comunicación do evento Coruña Wapa, licitado en 180.000 euros. Chama a atención que o perfil do contratante do Concello revele que se atopa en fase de valoración, a pesar de que a campaña informativa xa se iniciou e de que Coruña Wapa comezou no día de onte.
Ao redor da comunicación, as nacionalistas pídenlle á Concellaría de Emprego que non cometa as faltas de ortografía que cometeu o pasado ano na páxina de facebook do evento, tal e como se demostra nesta captura de pantalla:
A campaña de "Coruña Wapa" incumpre a lexislación lingüística emprega lemas sexistas
Ademais, o Grupo Municipal do BNG denuncia que a iniciativa da Sra. Cid volve incumprir a lexislación lingüística vixente, aprobada por unanimidade no Parlamento de Galiza, e volve discriminar a nosa lingua. A Sra. Cid mesmo emprega toponimia deturpada e ilegal, tal e como pode comprobarse no prego de prescripcións técnicas (ANEXO II Logos Concello e Comercio _CORUÑA WAPA)
Tamén denuncia o Grupo Municipal do BNG o uso de lemas sexistas por parte da Concellaría da Sra. Cid. Antes muerta que sencilla ou La belleza está en el interior del vestidor están lonxe da educación en valores e de modificaren a aínda hexemónica orde sexista.