O BNG acusa o PP de dinamitar a Feira do Libro

O BNG acusa o PP de dinamitar a Feira do Libro

A Coruña, 23 de abril de 2015.- O Grupo Municipal do BNG acusa o Partido Popular de dinamitar o Día do Libro, pois por vez primeira desde hai 15 anos, A Coruña non contará coa Festa do Libro organizada pola Asociación de Libreiros e Libreiras da cidade para amosar as novidades nos Xardíns de Méndez Núñez. Lembran as nacionalistas que o Goberno do Sr. Negreira rebaixou até pouco máis de 4.000 euros a axuda á citada asociación, provocando que A Coruña quede sen un encontro que o ano pasado xa se fixera baixo mínimos.

Sinala o Bloque que cando as librarías se ven avocadas ao feche (a última delas, a Nova Colón) e cando a situación do libro e da lectura é preocupante, o Partido Popular presenta para o 23 de abril a programación máis pobre nunca vista. Deste xeito, amais de non poder celebrarse a Festa do Libro, non haberá quedada para a lectura nin se visitarán as estacións de tren e de bus por parte das bibliotecas.

 

O BNG acusa o PP de dinamitar a Feira do Libro