O BNG-AA presenta a candidatura de #TodasAsCoruñas o xoves ás 20h no Campo da Leña
A Coruña, 22 de abril de 2015.- O Campo da Leña acollerá mañá xoves, 23 de abril, ás 20h, o acto público de presentación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas, a única candidatura nacionalista e de esquerdas que se presenta no Concello da Coruña.
O acto, aberto a todas as persoas que quixeren coñecer a candidatura que representa #TodasAsCoruñas, contará coas intervencións do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, e do propio cabeza de lista do BNG-AA e portavoz do Grupo Municipal do BNG, Xosé Manuel Carril.
Amais de Vence e Carril intervirán Fernando Souto (nº8. Activista en defensa da recuperación da memoria histórica); Silvia Cristina Pereira (nº12. Independente. Veciña do poboado chabolista da Pasaxe); Anxo Sánchez (nº5. Mozo informático no desemprego e activista xuvenil); María Seijo (nº10. Traballadora da sanidade pública, activista de SOS Sanidade Pública e presidenta da Xunta de Persoal do CHUAC); Djiby Fall (nº13. Independente. Migrante senegalés); Cheickh Faye (nº19. Independente. Migrante senegalés); Marisol Mirás (nº3. Independente. Traballadora da UDC e activista veciñal e feminista) e María Xosé Bravo (nº3. Profesora de Ensino Secundario. Concelleira). Presenta o acto a actriz Isa Risco, candidata do BNG-AA no posto sétimo.