Até a propia Federación de Comerciantes di que "Laponia" non vai ter retorno económico no comercio

Até a propia Federación de Comerciantes di que "Laponia" non vai ter retorno económico no comercio

A Coruña, 29 de novembro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que até o propio presidente da Federación de Comerciantes advirte de que a laponia coruñesa non vai ter impacto positivo no comercio, senón que está máis dirixido ao ámbito do turismo, onde el non ten nada que dicir. As nacionalistas salientan as declaracións do Sr. Agromayor terían que sacarlle ás cores ao Goberno do Sr. Negreira, que sempre presume do suposto retorno económico dun poboado que o ano pasado nos custou 145.000 euros (construción máis animación).

O Grupo Municipal do BNG, que ten denunciado que a Laponia en que o PP converte non crea riqueza de ningún tipo, volve criticar que o Goberno do Sr. Negreira teime en malgastar cartos neste poboado cando só no último mes foron ao paro 300 persoas na nosa cidade. As nacionalistas poñen de manifesto que o poboado lapón (cuxa construción vale máis de 70.785 euros) evidencia que o Goberno do PP carece de ideas para reactivar o pequeno e mediano comercio da cidade, un dos sectores máis golpeados pola crise.

 

Até a propia Federación de Comerciantes di que "Laponia" non vai ter retorno económico no comercio