O 86% do empréstito aprobado en Xunta de Goberno vai destinado ás obras da Mariña
A Coruña, 23 de marzo de 2015- O Grupo Municipal do BNG denuncia que o 86% do crédito a concertar con entidades bancarias autorizado esta mañá pola Xunta de Goberno Local ten como finalidade as obras da Mariña. Así, o Goberno do Sr. Negreira hipoteca as arcas municipais para financiar obras faraónicas e non para atender as necesidades da xente.
En base ao expediente aprobado pola Xunta de Goberno Local, dos 12.377.000 euros autorizados esta mañá, 10.590.000 euros están destinados ao dispendio da Mariña. As nacionalistas critican que no canto de dirixir estes cartos a darlles resposta ás necesidades dos barrios e ás necesidades motivadas pola crise que está a vivir a meirande parte da veciñanza e a crear emprego estábel e de calidade, riqueza e retorno económico, o Goberno do Sr. Negreira prefire soterrar os recursos públicos na Mariña.