78º aniversario do Estatuto. Conferencia de Floren Aoiz e Lois Diéguez
A Coruña, 25 de xuño de 2014- Para conmemorar o 78º aniversario do plebiscito do Estatuto do 28 de xuño do 1936, que o pobo galego referendou por amplísima maioría (99,24%), o Bloque Nacionalista Galego da Coruña organiza o coloquio "Ante a monarquía española, é a hora de que as nacións decidan", en que participarán Floren Aoiz, presidente da Fundación Iratzar e membro destacado da esquerda nacionalista de Euskal Herria, e mais Lois Diéguez, deputado do BN-PG expulsado do Parlamento de Galiza en 1982 por non xurar lealdade á constitución española.
O acto, aberto ao público, terá lugar este venres, 27 de xuño, no IES de Zalaeta a partir das 20h. Porén, o horario está suxeito a mudanza en función do contido do Consello de Ministros do día 27. En caso de aprobar o PP a modificación da lei do aborto, o inicio do acto atrasaríase o necesario para favorecer a participación nos actos de urxencia que se convoquen para ese día en contra da reforma do aborto.