UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA

Unha zona de carga e descarga que dea servizo aos negocios da Rolda de Nelle

RdeN
A rolda despois de se retirar o viaduto (foto La Opinión).
A concelleira do BNG Avia Veira rexistrou un rogo oral ao Executivo coruñés para que se reserve unha zona de carga e descarga que dea servizo aos negocios da Rolda de Nelle.
Unha zona de carga e descarga que dea servizo aos negocios da Rolda de Nelle

 

ntes de se proceder ao derrubo do viaduto, os comercios da Rolda de Nelle si dispuñan dunha zona e carga e descarga na súa contorna. Cando se proxectou a obra, as e os comerciantes pedíronlle ao Goberno Local, falamos do anterior mandato, que mantivesen ese servizo. “O motivo era que xusto os negocios que hai nese tramo da vía moven mercadorías de moito peso e precísano o máis perto posíbel do seu barrio”, explica Veira. A petición non foi atendida e a carga e descarga foi trasladada á rúa San Pedro de Mezonzo.

A solución non foi boa, pois a reserva da carga e descarga á altura de San Pedro de Mezonzo non dá bon servizo aos comercios da Rolda de Nelle, “ou ben porque se fai un mal uso dese espazo e a Policía Local non vixía que este teña un bon funcionamento ou ben porque as mercadorías que se manexan son tan pesadas que non se poden mover tantos metros costa arriba (carnicería, tendas de pinturas, recambios de coches...)”, indica Veira.

O problema é que deixar unha zona sen unha adecuada reserva de carga e descarga contribúe a baleirala e a desprazar os comercios aos polígonos, co conseguinte peche de negocios e abandono de baixos comerciais.

Por todo isto, a concelleira nacionalista redixiu un rogo que reza así: “Que a concellaría de Mobilidade teña en conta as necesidades dos negocios da Rolda de Nelle e reserve unha carga e descarga que sexa útil e axeitada para o mantemento dos comercios no barrio”.

 

 

Unha zona de carga e descarga que dea servizo aos negocios da Rolda de Nelle