Avances na elaboración do novo Presco, mais ainda son insuficientes
“Continuamos a reclamar unha maior dotación orzamentaria”, reafirma o voceiro nacionalista, quen remarca que os 6,2 millóns de euros que pon o Goberno Local sobre a mesa representan menos do 50% dos fondos que se aplicaron ao Presco 2020.
Na reunión desta mañá, indica Jorquera, os técnicos municipais esclareceron aos membros da Comisión que a transferencia ao Concello dos beneficios de Emalcsa non significaría un incremento de recursos a disposición do Presco, pois os orzamentos deste exercicio son os do anterior prorrogados e os beneficios da empresa municipal son inferiores ás previsións orzamentarias.
Neste sentido, Jorquera pon en destaque que o BNG é “a única forza que ten formulado unha proposta, a da subscrición dun crédito por parte do Concello, que si permitiría incrementar os fondos para financiar o Presco 2021”.
O xoves vaise volver reunir a Comisión. “É moito hora de aprobar este plan. Estamos xa a mediados de xuño e os sectores máis damnificados polas consecuencias da pandemia non poden agardar eternamente”, conclúe Jorquera.