GLOBALIZACIÓN
Xornada “Os pobos de Europa ante os tratados de libre comercio”
Animamos a participar da xornada “Os pobos de Europa ante os tratados de libre comercio” que terá lugar mañá no Paraninfo da Universidade da Coruña
A xornada, organizada pola Fundación Galiza Sempre e o Centre Maurits Coppieters, é unha oportunidade única para que a xente coñeza os efectos na Galiza e aos pobos de Europa destes tratados e o seu impacto en vindeiros anos
Vimos de animar á veciñanza da Coruña a participar da xornada “Os pobos de Europa ante os tratados de libre comercio” que terá lugar mañá, ao longo de todo o día, no Paraninfo da Universidade da Coruña.
Esta xornada, organizada pola Fundación Galiza Sempre e o Centre Maurits Coppieters, e nas que colabora a propia Universidade da Coruña, se desenvolverá a partir das 10.30 h da mañá, e na mesma se realizarán seis actividades que contarán con distintos representantes de organizacións políticas internacionais, desde o Estado español, Europa e mesmo latinoamericanas e africanas, e participarán expertos universitarios que darán a súa visión sobre o proceso globalizador que está a sufrir a economía mundial.
Neste sentido, esta xornada é unha oportunidade única para que a xente coñeza os efectos e ao impacto que en vindeiros anos poden chegar a ter estes tratados na Galiza e aos distintos pobos de Europa, constituíndose como unha visión real sobre a destrución do Estado do Benestar, o saqueo de recursos, a importancia capital da soberanía dos pobos e as alternativas que desde as nacións sen estado se poden artellar contra este proceso de globalización.
A Coruña, 30 de xuño de 2017.