SOB O LEMA DE "A CORUÑA NON SE VENDE"

Por volta de 40 organizacións, o BNG entre elas, convocan para o 30M unha grande manifestación en defensa do porto

Conferencia de prensa presentación manifestación do 30 de maio de 2021 A Coruña non se vende.
Un momento da conferencia de prensa
O Bloque Nacionalista Galego, canda outras perto de 40 organizacións políticas, sociais e veciñais, convoca unha grande manifestación cidadá para o próximo 30 de maio en defensa do porto da Coruña e sob o lema “A Coruña non se vende”. A marcha sairá ás 12 horas da Praza da Palloza e concluirá na de María Pita.
Por volta de 40 organizacións, o BNG entre elas, convocan para o 30M unha grande manifestación en defensa do porto

A mobilización, que partirá ás 12 horas da Praza da Palloza e concluirá na de María Pita, son a condonación do préstamo de Portos do Estado á Autoridade Portuaria da Coruña (isto é, pór fin á discriminación que sofre a nosa cidade a respecto de Valéncia, cuxo débito si foi liquidado) e a non privatización e venda dos peiraos interiores unha vez que estes sexan liberados dos seus actuais usos portuarios.

As entidades convocantes desta manifestación son as seguintes: Defensa do Común. Asociacións Veciñais: Agra do Orzán, Atochas Monte Alto, Campo da Pena de Palavea, IAR do Castrillón, Gaiteira-Os Castros, Eiris, Cidade Vella, Os Anxos de San Cristovo da Viñas. Alternativa dos Veciños, Anova, BNG, Cerna, Corrente Vermella, Equo, EU, Marea Atlántica, PCG, Podemos, Sada Maioría, Galiza Nova, Rebeldía Galicia, XCG. CCOO, CGT, CIG; A.C. Alexandre Bóveda, A.C. O Facho, C.S. Gomes Gaioso, Vangarda Obreira, Plataforma pola Defensa da Ría de Sada e Betanzos, Amigos dos Museos de Galicia, Foro Cívico, Comité de Defensa das Rías Altas, Propolis, Plataforma en Defensa do Tren A Coruña-As Mariñas, Habitat Social, ADEGA, A.C. Irmáns Suárez Picallo. 

RdP 3

A manifestación -que foi presentada esta mañá nunha conferencia de prensa na sede da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, á que asistiu o secretario de Organización do BNG da Coruña, Fran Rei- persegue tamén garantir a licitación do acceso ferroviario ao porto exterior e a convocatoria por parte do Concello dunha consulta popular sobre o deseño da futura fachada marítima da cidade.

 

 

Por volta de 40 organizacións, o BNG entre elas, convocan para o 30M unha grande manifestación en defensa do porto