PREGUNTAS ORAIS

Vivenda, terrazas e as festas nos barrios, ao Pleno de marzo

Preguntaremos no próximo Pleno sobre que políticas de vivenda desenvolveu o Goberno municipal no que vai de mandato e as que ten pensado desenvolver para futuro

Tamén falaremos sobre a ordenación da ocupación da vía pública con terrazas e sobre a convocatoria “Facemos comunidade” para as festas nos barrios en 2017

Vivenda, terrazas e as festas nos barrios, ao Pleno de marzo

Vimos de rexistrar as que serán as súas preguntas orais para o Pleno ordinario de marzo.

Así, desta volta, trasladamos, en primeiro lugar, o debate sobre que políticas de vivenda desenvolveu o Goberno municipal no que vai de mandato e as que ten pensado desenvolver para o futuro.

Neste sentido, non é a primeira vez que damos traslado ao Pleno dunha iniciativa interesándonos sobre esta problemática, xa que logo, seguen sendo descoñecidas as políticas que o Goberno da Marea se están realizando ao respecto.

Esta iniciativa xurde porque queremos que o Executivo local dea conta das súas alternativas de habitabilidade para as persoas que sofren alzamentos na nosa cidade e recollendo as demandas que teñen aparecido recentemente nos medios de comunicacións de entidades sociais que loitan nestes casos de desafiuzamentos.

Como segunda pregunta oral, queremos que se dean explicacións publicamente sobre as actuacións previstas para a ordenación da ocupación de vía pública con terrazas.

E é que queremos recordar que a normativa municipal que regula a instalación de terrazas en espazos públicos entrou en vigor en xuño de 2013, malia que votamos en contra por ser arbitraria e contraria á seguridade xurídica, ademais que quedou xa evidenciado, despois da polémica xurdida nas últimas semanas, que na actualidade hai locais de hostalaría que a cumpren e outros non, a pesares de que todo o mundo coñece o contido da ordenanza municipal, asemade de ter sido elaborada no seu día co consenso e apoio da Asociación Provincial de Hostalaría.

Terrazas na rúa da Estrela

Queremos que o Goberno municipal se pronuncie sobre esta normativa, se a considera acertada e se ten pensado modificala ou non. Nós témolo claro e xa o manifestamos en 2013 e agora: débese garantir que a instalación de terrazas en espazos públicos ten que ser compatíbel co seguridade, co dereito do pobo ao uso do espazo público e ten que corrixirse a arbitrariedade da ordenanza aprobada polo Goberno do sr. Negreira.

Por último, preguntamos sobre a convocatoria “Facemos comunidade” presentada a principios de mes ás entidades veciñais e que ten por obxecto a realización de festas nos barrios durante este 2017.

Con esta pregunta pretendemos que se aclare como se impulsou esta medida. O Executivo local reuniu ás entidades veciñais e presentoulles un novo xeito pechado de como facer as festas nos barrios. Preguntámonos entón onde quedou aquilo de consultar, consensuar e facer partícipe co tecido asociativo calquera iniciativa que se quixera facer nos barrios. E tamén preguntámonos que obxectivo e pretensión se persegue coa realización destas festas de carácter comunitario e o marxe de manobra que podan ter as asociación e a autoorganización das entidades que historicamente veñen desenvolvendo as súas festas patronais e de barrio. 

Vivenda, terrazas e as festas nos barrios, ao Pleno de marzo