PEDIMOS AO CONCELLO QUE "OPTE DEFINITIVAMENTE" POLA INTERVENCIÓN DA PLANTA

Visitamos en Nostián as e os traballadores en folga

rescate xa 2

Francisco Jorquera e Avia Veira visitaron este mércores as e os traballadores en folga da planta de Nostián co propósito de lles transmitir o total respaldo do BNG ás súas reivindicacións.

Visitamos en Nostián as e os traballadores en folga

"Estamos aquí ás portas da planta de Nostián para mostrarmos a nosa solidariedade coas traballadoras, ás que a empresa quer aplicar un ERTE que afecta 40 por cento do cadro de persoal ", dixo Francisco Jorquera, quen remarcou que Albada pretende tamén facer decaer o convenio colectivo, o que implica unha modificación sustancial "á baixa" das condicións laborais e salariais do conxunto dos operarios da instalación.

rescate xa

Ante esta situación, Jorquera pide ao concello que "opte definitivamente" pola intervención da planta "para asegurar un servizo básico para todas as coruñesas e coruñeses" e para salvagardar tamén "os dereitos das traballadoras e traballadores".

Visitamos en Nostián as e os traballadores en folga