Unha visita moi especial: Ibrahima Diack e Magatte Ndiaye nas nosas oficinas de María Pita!
"Sentímonos moi honrados x tervos aquí. O voso exemplo é conmovedor. Non gosto da grandilocuencia, mais o que fixestes foi heroico", díxolles Francisco Jorquera, quen estivo na reunión canda a nosa concelleira Avia Veira e o secretario de Organización do BNG da Coruña, Fran Rei. "Fixemos o que fixemos porque foi o que aprendemos no Senegal. Fixémolo por humanidade e educación", responderon Ibrahima e Magatte.
Ibrahima e Magatte mostráronse á súa vez moi honrados ante o inicio do proceso que os ha levar a seren nomeados como fillos adoptivos da cidade, após o #PlenoSetembro ter aprobado unha moción nese sentido formulada polo BNG e defendida por Francisco Jorquera.