Veira: "O lóxico sería que a Autoridade Portuaria cedese de balde os terreos da Solana"
A Coruña, 13 de maio de 2016.- Diante das declaracións do concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, nas que instaba ao BNG a aclarar se prefería que este solo fose dunha empresa madrileña, as nacionalistas aclaran que non queren que ningunha empresa privada se faga cos terreos da Solana mais tampouco queren a Autoridade Portuaria volva facer caixa por conta do Concello da Coruña logo de que este leve gastados máis de 12 millóns de euros na realización das Obras da Mariña e do Parrote en terreos do ente portuario.
Veira: Non queremos que ningunha empresa privada se faga cos terreos da Solana mais tampouco queremos que a Autoridade Portuaria volva facer caixa por conta do Concello da Coruña logo de que este leve gastados máis de 12 millóns de euros en terreos do ente portuario para a realización das obras do Parrote e A Mariña
Neste sentido, desde o Bloque insisten en que o lóxico sería que a Autoridade Portuaria lle cedese gratuitamente os terreos da Solana ao Concello da Coruña, sobre todo tendo en conta que chegou mesmo a hipotecarse para pagar os máis de 12 millóns de euros que lle costaron ao conxunto das coruñesas e dos coruñeses as obras da Mariña e do Parrote en terreos de propiedade da Autoridade Portuaria moi próximos aos que o actual Goberno local propón mercar.
As nacionalistas insisten en que o lóxico sería que a Autoridade Portuaria lle cedese gratuitamente os terreos da Solana ao Concello da Coruña, sobre todo tendo en conta que este gastou máis de 12 millóns de euros en terreos do ente portuario entre as obras da Mariña e do Parrote para o cal chegaron mesmo a hipotecarse as arcas municipais
Por último, o BNG da Coruña sinala que o Goberno local debe actuar en función dos intereses da cidade e das coruñesas e dos coruñeses e non ten por que facerse cargo da difícil situación económica da Autoridade Portuaria, moito menos facendo propostas que supoñen financiar pola porta de atrás a súa débeda cos cartos do Concello da Coruña.
Artigos relacionados:
- Veira: "O Goberno ocultou información ou está improvisando a respecto da Solana-Finisterre"
- Estase realizando un "cambio de cromos" a conta da venda da Solana-Finisterre?
- O Parque Ofimático, os peiraos interiores e os terreos do Finisterre-Solana a Pleno o día 11
- Veira: "Se é o Concello compra os peiraos interiores estará financiando por atrás o Porto Exterior"
- Avia Veira: "É vergoñenta e inadmisíbel a posta á venda do Hotel Finisterre e a Solana"
- Solana-O Parrote: outro cambiazo do PEPRI imposto a última hora polo PP
- O BNG pídelle ao Goberno local e á Autoridade Portuaria que non enganen o pobo no caso da Solana
- Solana e hotel Finisterre: o BNG advirte dunha grande operación de venda destes terreos