Urximos o Goberno Local a que retome xa en setembro o Programa Lecer, no que participan 6 mil persoas

Exterior do Centro Ágora (foto procedente da Wikimedia Commons).
Exterior do Centro Ágora
Un mes despois de o BNG ter rexistrado unha pregunta por escrito ao respecto continuamos sen saber por que o Goberno Local non retoma xa en setembro o Programa Lecer, un conxunto de actividades culturais e recreativas nas que viñan participando arredor de 6 mil persoas na nosa cidade, no Ágora e no Fórum.
Urximos o Goberno Local a que retome xa en setembro o Programa Lecer, no que participan 6 mil persoas

O Programa Lecer foi interrompido a causa da pandemia. O BNG considera que agora, “e por suposto coa adopción das necesarias medidas de seguridade, grupos máis pequenos, distancia física”, apunta Avia Veira, é perfectamente posíbel o seu retorno.

“Hai que ter en conta”, remarca a concelleira Avia Veira, “que en setembro e outubro os grupos de idade que acudían a cursos e obradoiros deste Programa xa estarán completamente vacinados”.

Estamos a falar dun programa no que, alén de participar miles de veciñas e veciños, “traballan moitas persoas impartindo cursos e obradoiros”. “Non é aceptábel que a estas alturas estes profesionais non saiban nada sobre se o Programa se retoma ou non”, alega a concelleira.

Para o BNG, non hai ningún motivo que xustifique o silencio do Goberno Local a este respecto. “Urxímolo a que reaccione e tome a única decisión razoabél, isto é, que decida recuperar o Programa Lecer en setembro. Será unha moi boa noticia para as miles de persoas que teñen nel unha vía de acceso ao gozo da cultura”, conclúe.

 

 

 

Urximos o Goberno Local a que retome xa en setembro o Programa Lecer, no que participan 6 mil persoas