ORZAMENTOS XUNTA 2018

Uns orzamentos feitos á marxe da Coruña

Parte exterior do edificio da Xunta de Galiza
Parte exterior do edificio da Xunta de Galiza

Nunha primeira valoración dos Orzamentos Xerais da Xunta de Galiza, entendemos que están realizados á marxe das necesidades da Coruña

Uns orzamentos feitos á marxe da Coruña

Por moito que Feijóo presente unha conselleira da Xunta de Galiza para alcaldesa da nosa cidade en 2019, cos orzamentos do vindeiro ano amosa que descoñece a realidade da Coruña e que non está disposto a colaborar para solucionar os principais problemas das coruñesas e dos coruñeses.

Estes orzamentos renuncian a atender as necesidades de emprego digno na cidade e na comarca para o cal a Xunta debería de achegar investimentos que dinamizasen os sectores produtivos -ría do Burgo, cuxos investimentos se adían até 2019 ou en materia de I+D+i-.

Para nós estas contas tampouco serven para afrontar os compromisos en materia de mobilidade xa que volve adiar os investimentos na Intermodal para os que se fan previsións até 2020.

En materia de servizos públicos, botamos de menos investimentos para a reparación e modernización nos CEIPs da cidade e un investimento específico para rehabilitar integramente o antigo edificio do Santiago Apóstolo.

Por último, no que ten a ver cos investimentos reais para A Coruña, entendemos que os orzamentos da Xunta de Galiza para o ano que vén son moi continuadores a respecto do que xa viña programándose para a cidade durante os pasados anos e nin sequera se concretan os compromisos teóricos da Xunta de Galiza coa cidade, como o centro de saúde de Santa Lucía.

A Coruña, 21 de outubro de 2017

Uns orzamentos feitos á marxe da Coruña