JORQUERA ANTE O PASAMENTO DO GRANDE MITO DEPORTIVISTA

"Todas as coruñesas e coruñeses levaremos sempre Arsenio no corazón"

Arsenio
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, mostrou a súa "consternación" ao recibir a noticia do pasamento de Arsenio Iglesias (1930-2023), ao tempo que quixo trasladar as súas condolencias á familia e amizades do mítico xogador e adestrador deportivista.
"Todas as coruñesas e coruñeses levaremos sempre Arsenio no corazón"

"Todas as coruñesas e coruñeses, todas as e os deportivistas, levamos e levaremos Arsenio sempre no corazón. Non só polo que, primeiro como futbolista e logo como adestrador, representou para o clube da nosa cidade, non só por estar ligado á súa época máis brillante, a do Superdépor, senón porque era un exemplo de humildade e sabedoría", dixo Jorquera nun breve encontro cos medios antes do seu café con mozas e mozos universitarios da UDC.

"Todos sentíamos a Arsenio como alguén da familia, polo seu xeito de se comportar, de falar, pola súa ironía, pola súa sabedoría de país. Estou, estamos, consternado. Todas as coruñesas e coruñeses habemos levar sempre Arsenio no corazón", concluíu.

 

 

"Todas as coruñesas e coruñeses levaremos sempre Arsenio no corazón"