O tempo esgótase para Alcoa: pedímoslle ao Sr. Negreira que actúe
A Coruña, 18 de setembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG pídelle ao Goberno local que se esforce en garantir o futuro dos postos de traballo ameazados en Alcoa, en cumprimento da moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación. Os grupos con representación no Concello acordaron entón instar a Xunta de Galiza e ao Goberno central a buscar solucións ao mantemento da actividade industrial e aos postos de emprego ameazados. Para coñecer o cumprimento deste acordo, o BNG presentou unha pregunta escrita o pasado mes de xullo para coñecer as accións realizadas polo Goberno do Sr. Negreira ao respecto.
Os nacionalistas critican a vaguidade da resposta do Goberno local, que dá a entender que non levou a cabo contacto ningún para cumprir o acordo da moción e para garantir o futuro da factoría. Acusan o alcalde da Coruña de "aparentar que fai, pero non gai nada, a pesar de comprometerse cos coruñeses e coruñesas a actuar en defensa dos postos de trabalo de Alcoa".
Os nacionalistas critican que nin o alcalde, nin a coruñesa Beatriz Mato, nº1 do PP pola Coruña e campioa en desemprego, nin os deputados do PP se preocuparan por solucionar o futuro de Alcoa, que ameaza con converter a nosa comarca nun gran deserto industrial
Estamos nunha situación límite a consecuencia da falta de interese do Sr. Negreira, do Sr. Feijó, de Beatriz Mato, nº1 do PP pola Coruña e campioa en desemprego, e do Sr. Rajoy
Neste contexto, o Grupo Municipal do BNG advírtelle ao Sr. Negreira de que Alcoa precisa saber se vai dispór dunha tarifa enerxética competitiva antes do 5 de outubro (prazo relacionado cos prazos para pechar os contratos cos seus clientes para o vindeiro ano). "O tempo esgótase, por iso é fundamental que o Goberno local se mova e reclame solucións á situación inestábel que padecen os traballadores de Alcoa". "É o momento de solucionar o problema da tarifa eléctrica, se é que os Gobernos do PP son capaces de pór sobre a mesa algunha medida ao respecto", sinalan os nacionalistas, que alertan de que "estamos nunha situación límite a consecuencia do desleixo e da falta de interese e de acción do Sr. Negreira, do Sr. Feijóo e da súa número 1 pola Coruña e campioa en desemprego, Beatriz Mato, e do Sr. Rajoy".
Os nacionalistas, que xa diante de todas as institucións, e desde meses atrás, defenderan a continuidade de Alcoa, critican que nin a coruñesa Beatriz Mato nin os deputados do PP pola Coruña se preocuparan por solucionar o futuro de Alcoa, que ameaza con converter a nosa comarca nun gran deserto industrial.