PROPOSTA DO BNG PARA O SEU DEBATE NO PLENO DO 16X
Unha tarxeta moedeiro para non estigmatizar as persoas en exclusión social
persoas en exclusión.
A tarxeta moedeiro permitiría tamén reducir a burocracia “que pesa sobre as persoas
perceptoras e as empresas” e, por tanto, “mellorar a xestión municipal”.
“Trátase dunha iniciativa que se ten que complementar con outros asuntos pendentes”,
afirma Avia Veira e cita entre eles “o plan de inclusión social, a mudanza nas
ordenanzas de Emerxencia Social e Renda Social Municipal ou a necesaria axilidade
para a tramitación do bono taxi”.
“Aínda que a pobreza ou a exclusión debera só avergoñar a quen a produce, a quen se
beneficia dela ou mesmo a quen se nega a poñer os medios para loitar contra ela, o
certo é que o fenómeno da estigmatización da pobreza e da exclusión social é un
fenómeno sociolóxico non menor”, reflexiona Veira na exposición de motivos da
moción.
Explica a concelleira que o Concello non só ten que habilitar prestacións sociais para
colectivos en situación de exclusión, senón tamén ten que reparar na forma en que se
materializan. A obriga de presentar facturas “ou doutro tipo de métodos de pagamento”
obriga con frecuencia as persoas perceptoras “a expoñérense e daren conta da súa
situación a terceiros”, o que leva aparellado o afondamento “na estigmación da pobreza
e da exclusión”.
Unha tarxeta moedeiro —xa posta en práctica por parte doutras institucións, por
exemplo a Deputación de Barcelona— aforraría trámites burocráticos e evitaría
situacións que ás persoas perceptoras das prestacións lles resultan violentas, alega a
concelleira do BNG.