CEMENTO A BATER COA BASE DA CRUZ DE PEDRA
Supervisou a Dirección Xeral de Patrimonio a desafortunada restauración do Cruceiro de Carracedo?
O problema, apunta a edil nacionalista, é que “o acabado que se lle deu á contorna que rodea o cruceiro (tal e como mostran as imaxes que se achegan) non parece o máis adecuado nin respectuoso co seu valor patrimonial”, sendo que unha capa de cemento bate directamente contra a base do monumento.
“Que valoración fai o Goberno Municipal dos traballos de recolocación e restauración do chamado Cruceiro de Carracedo?” Considera que se fixo adecuadamente?”, inquire Veira.
Xa en marzo deste ano, o BNG dirixira unha pregunta ao Goberno Local sobre o cruceiro. Naquela altura, a respecto do seu estado de conservación, “salvado no seu día pola veciñanza dunha máis que segura destrución, unha vez desaparecido o lugar onde estaba mediante o traslado á súa actual ubicación, na praza de Emilio Jaspe Deza”.
Durante as obras de reforma, o cruceiro apareceu roto. Os desperfectos atribuínos o Goberno Local, en resposta ao BNG, á “acción da auga e os cambios de temperatura”.
A rotura foi reparada, mais nas tarefas de restauración non se tivo o coidado de afastar o cemento da base do cruceiro, motivo polo que o BNG volve se interesar por esta grande cruz de pedra.