O Sr. Negreira quere facernos pasar por parv@s ao negar a minicentral de Meirama
A Coruña, 1 de agosto de 2013.- O Grupo Municipal do BNG acusa o alcalde de querernos facer pasar por parvos ao negar, unha vez máis, a minicentral de Cecebre cando hai unha resolución da Xunta de Galiza que lle dá o visto e prace á avaliación ambiental de Minicentrales Eléctricas de Galicia para o aproveitamento hidroeléctrico da presa de Cecebre, no río Mero. Precisamente, o alcalde paseaba onte polo lago de Meirama xunto ao concelleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, cuxo departamento, asinou a 27 de maio de 2013 esta resolución. Así, o Grupo Municipal do BNG advirte de que o alcalde carece de vergoña e de responsabilidade ao volver enganar á cidadanía ao declarar onte ante os medios de comunicación que carece de noticias sobre a posta en marcha dos trámites para a minicentral.
Mentres o Partido Popular acusaba o BNG de sembrar cizaña e de embarrar el terreno de juego coa minicentral de Cecebre, tramitaba o proxecto que beneficia os negocios relacionados coa concelleira de Cultura. No Pleno ordinario do 12 de setembro de 2012, o Goberno municipal chegou a cualificar a pregunta oral de Xosé Manuel Carril, portavoz do BNG, sobre a minicentral de una buena novela de ciencia ficción e engadía, sí señor, le felicito. Aseguraba entón o Goberno municipal que a minicentral non se desenvolveu porque prevaleció el interés público del suministro de agua sobre el interés privado e engadiu que que tras la firma del convenio entre la Xunta y este Ayuntamiento, seguirá sin construirse, señor Carril, que le quede claro. Só un mes despois, en outubro de 2012, a empresa na que ten intereses a Sra. Fernández solicitaba perante a Consellaría de Agustín Hernández instalar as liñas de media tensión que conectarán a minicentral co tendido eléctrico de Fenosa.
O BNG considera un insulto á cidadanía gastar 10 millóns nun túnel innecesario que só serve para facer rendíbel a empresa Mincentrales Eléctricas de Galicia, na que ten intereses a Sra. Fernández
O BNG considera un insulto á cidadanía esta minestra de enganos, fraudes e estafas por parte do Sr. Negreira, que autoriza o gasto de 10 millóns de euros nun túnel completamente innecesario que conectará o lago artificial de Meirama con Cecebre e que só serve para beneficiar a empresa Mincentrales Eléctricas de Galicia, na que ten intereses a concelleira de Cultura. As nacionalistas aluden ao Plan da Seca da Xunta de Galiza para advertir de que o abastecemento de auga na cidade e na comarca é suficiente e de que o encoro de Cecebre nunca chegou ao nivel de emerxencia.
A única xustificación a este proxecto de trasvase desde Meirama a Cecebre é a de favorecer o negocio relacionado cunha concelleira do PP. Lamenta o BNG que ao Partido Popular todo lle vale, mesmo a morte do río Mero, con tal e beneficiar os intereses dunha das súas edís.